Eva tenía 4 años recién cumplidos cuando una serie de presuntas negligencias médicas nos la arrebataron. Decimos presuntas porque existe, pendiente de resolución judicial, una querella criminal por homicidio contra dos pediatras de La Coruña, que trabajan en el Hospital Modelo y tienen también sus propias consultas: el Dr. Julio González Yebra-Pimentel y la Dra. Mª del Carmen García Cabanas.

viernes, 24 de diciembre de 2010

[Prensa] Uns pais denuncian a dous pediatras do Hospital Modelo de A Coruña pola morte da súa filla de 4 anos

Europa Press - 23/12/2010
Publicada en Atlántico Diario
   
O Xulgado de Instrución número 2 de A Coruña admitiu a trámite a querela presentada por uns pais contra dous pediatras do Hospital Modelo de A Coruña por presunto homicidio imprudente, tras a morte da súa filla de 4 anos despois de ser sometida a unha operación, en marzo deste ano, para unha extracción de amígdalas e vexetacións, segundo informou El Defensor del Paciente nun comunicado.

Segundo esta asociación, a operación levouse a cabo, por parte dun otorrinolaringolo, sen complicacións e "con total normalidade". Non obstante, tras ser trasladada ao cuarto, a nena empezou a sentir molestias a medida que avanzaba a tarde, chegando a vomitar.

O Defensor do Paciente sostén que o médico considerou os "síntomas normais tras unha intervención deste tipo", aínda que precisa que estes se agravaron con "pequenos espamos" que se foron intensificando "en intervalos de tempo cada vez menores".

A menor sufriu posteriormente "unha grave convulsión" tras a cal, o pediatra de garda, "detéctalle unha rechamante baixada do nivel de sodio (hiponatremia)" en sangue", engade El Defensor del Paciente, que sostén que na madrugada do día 30 a menor sofre unha nova convulsión.

Con posterioridade, a nova pediatra de urxencias cámbialle o tratamento e realízaselle un TAC, que constata "un severo edema que finalmente lle ocasiona a morte cerebral", explica esta asociación, que asegura que así determínano tamén "as probas máis exhaustivas que se lle practicaron no Hospital Materno Infantil" a onde foi trasladada.

PRESUNTA NEGLIXENCIA

En declaracións a Europa Press, o pai da menor, Raúl Varela, que, na súa condición de avogado leva tamén o caso xunto a outros dous letrados, entre eles o avogado da Asociación El Defensor del Paciente en Galicia, Cipriano Castreje, indicou que o que reclaman é que se faga Xustiza" ante o que cualificou como unha actuación "neglixente" por parte dos dous pediatras que se encargaron do postoperatorio.

Na súa opinión, déuselle á nena un tratamento incorrecto ante o estado que presentaba "porque a medicación que se pautó era escasa". Ademais, sinalou que o primeiro pediatra "non viu a nena" porque tiña "unha garda ambulatoria e estaba na súa casa cando di que se lle manteña o tratamento".

No caso da segunda pediatra que a atendeu, os pais da menor entenden que "reaccionou tarde" cando lle cambiou as doses pautadas. Ademais, sosteñen que lles ocultou que a nena sufrira "unha parada cardiorrespiratoria".

DECISIÓNS "TARDÍAS"

Nos mesmos termos, pronunciouse o letrado de El Defensor del Paciente en Galicia, Cipriano Castreje, para quen houbo unha "mala praxe" por parte de ambos os dous pediatras. "Todas as decisións foron, ao noso xuízo, tardías", sinalou a Europa Press este letrado.

   Ademais, precisou que piden que ambos os dous especialistas declaren en calidade de imputados e que o Hospital Modelo "aclare a relación profesional que ten con eles", apuntou. A pena por un posible homicidio imprudente leva consigo penas de prisión e inhabilitación para o exercicio da profesión de ata seis anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja aquí tu comentario